MOCION SOBRE MANIFESTAR O DESEXO DO CESE O ACTUAL CONCELLEIRO DELEGADO DE BENESTAR, DESENVOLVEMENTO LOCAL, CREACION DE EMPREGO, COMERCIO E NOVAS TECNOLOXIAS
José Enrique Sotelo Villar, portavoz do grupo municipal do Partido Popular no Concello de Cangas e Luis Boullosa Nores, concelleiro e membro do devandito grupo municipal presentan ó PLENO a seguinte
MOCIÓN
O desemprego rexistrado a nivel estatal no Inem, chegou no mes de outubro/2009 á cifra de 3.808.400 persoas, o que supón un incremento dun millón de parados máis respecto do mesmo mes do ano anterior. Se acudimos á enquisa da población activa (EPA) do terceiro trimestre do ano 2009, en términos relativos o paro chegou ó 18% e remataremos o ano superando con creces o 20%.
O paro rexistrado nos concellos do Morrazo (Cangas, Moaña e Bueu), con alcaldías do BNG, incrementouse nun 24,39% respecto ó mes de outubro/2008, e neste porcentaxe están incluidas as 2.480 persoas que corresponden ó Concello de Cangas, sobre todo do sector servizos.
Ante isto, o goberno tripartito de Cangas non está na via de dar unha resposta a estes cidadáns, e fai tempo que deixou de ter entre as súas prioridades facilitar os mecanismos de inserción laboral para os cidadáns que están padecendo esta lacra social.
O único que preocupou a este goberno municipal, ue se auto etiqueta de esquerdas, é inventarse un nome rimbombante, a saber, Concellería de Benestar, Desenvolvemento Local, Creación de Emprego, Comercio e Novas Tecnoloxías, pero detrás disto non existe xestión, nin fondos dedicados á mellor política social, que é o acadar emprego para os veciños.
Todo o anterior está relacionado co feito de que se está a piques de rematar o ano 2009, e Cangas non conta nin cun programa experimental para a inserción laboral, nin cun programa mixto de formación e emprego (escola-obradoiro, obradoiro de emprego) nin o tivo nesta lexislatura.
Xa dixemos moitas veces que a xestión desta área non tiña o sentido axeitado (mocións e preguntas de febreiro/2008, xuño/2008, novembro/2008, maio/2009, setembro/2009) e a Alcaldía, coa súa altanería, nin siquera respostou as nosas preguntas nin o concelleiro convoca a comisión informativa para falar destes asuntos.
O concelleiro responsable non apostou por unha escola-obradoiro para Cangas, a pesar de que están rexistrados como parados 273 xoves cangueses na oficina do Inem, o que supón un incremento do 56% respecto o mes de outubro/2008, e a consecuencia disto é que cando xa se decidiu en qué poboacións vase executar estes programas de formación, Cangas non está entre as beneficiadas. Case seguro que o devandito concelleiro vai escusarse botando balóns fóra, pero non se debe esquencer que xa leva dous anos e medio con responsabilidades de goberno e xa xoincidiu cun goberno PSOE-BNG na Xunta de Galicia e non foi capaz de traer un obradoiro de emprego para o noso concello.
Nosoutros pensamos que tanto Cangas en particular, coma no conxunto do Morrazo, existe unha necesidade real de dar formación para o emprego de xoves con idades inferiores ós 25 anos, porque entre os tres concellos (Cangas, Moaña e Bueu) suman un total de 610 inscritos como parados menores de 25 anos.
Estamos convencidos de que a equivocada xestión do concelleiro responsable desta área ante a Consellería de Traballo e benestar, trouxonos esta situación de parálise nos programas de emprego, porque se plantexara a solicitude dunha escola-obradoiro, como xa lle dixemos moitas veces, Cangas sería a sede deste proxecto para todo o Morrazo. Isto é así porque existe unha necesidade real no Morrazo e observamos que as dúas peticións de escola-obradoiro que se realizaron dende a provincia de Pontevedra foron aceptadas frente a varios proxectos de obradoiro de emprego que foron rexeitados.
Por todo o anterior, o grupo municipal do partido Popular propón ó PLENO a adopción dos seguintes
ACORDOS
PRIMEIRO.- MANIFESTAR o desexo da Corporación Municipal de que a Sra. Alcaldesa cese o actual concelleiro delegado de Benestar, Desenvolvemento Local, Creación de Emprego, Comercio e Novas Tecnoloxías, e designe a outro concelleiro.
SEGUNDO.- MANIFESTAR o desexo desta Corporación Municipal de que na vindeira convocatoria de subvencións para a realización de escolas-obradoiro e casas de oficios e de obradoiros de emprego se solicite unha escola-obradoiro para Cangas.
Cangas, 13 de novembro de 2009
