Actividade Municipal

SOLICITUDE DE COPIA DOS CONVENIOS URBANISTICOS QUE O GOBERNO ANUNCIOU NA PRENSA A EXISTENCIA DE 9 NO AVANCE DO P.X.O.M.

Os concelleiros do grupo municipal do Partido Popular de Cangas,

EXPOÑEN:

O equipo de goberno anunciou en distintas ocasións a través da prensa a existencia de 9 Convenios Urbanisticos ao avance do P.X.O.M.

Que os concelleiros do grupo municipal do Partido Popular solicitan con data 14.10.2009, a través do rexistro de entrada, informe da Secretaría Xeral sobre a existencia de ditas Propostas de Convenio, ao mesmo tempo que pedían se lles remitise copia das mesmas. Sen embargo, e dado que transcurriu máis de mes e medio desde a presentación desa solicitude, non obtiveron información nin copia algunha ao respecto.

É por elo que

SOLICITAN:

Que por parte da Secretaría Xeral do Concello, ao amparo do disposto no art. 14.1 do R.O.F., que recoñece o dereito dos concelleiros a obter cantos antecedentes, datos ou información obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento da súa función, se lles remita copia dos citados Convenios urbanísticos.

Cangas, 3 de decembro de 2009

 

SOLICITUDE DO CERTIFICADO DO ACORDO PLENARIO TOMADO POLOS MEMBROS DO CONCELLO PLENO O 23 DE NOVEMBRO DE 2009

Os concelleiros do grupo municipal do Partido Popular de Cangas,

EXPOÑEN:

Que con data 23.11.09 celebrouse un Pleno extraordinario con motivo da aprobación do expediente dunha operación de tesourería por importe de 1.380.00,00€.

É por elo que,

SOLICITAN:

Que por parte da Secretaría Xeral do Concello se lles remita certificado do Acordo Plenario tomado polos membros do Concello Pleno o 23 de novembro de 2009, no que se relexe o sentido do voto de cada un dos compoñentes das forzas políticas presentes no citado Pleno.

Cangas, 3 de decembro de 2009

PREGUNTAS RELATIVAS O SISTEMA INFORMATICO QUE IMPLANTOU O CONCELLO PARA A XESTIÓN DOS EXPEDIENTES URBANISTICOS

José Enrique Sotelo Villar, en calidade de voceiro do grupo municipal do Partido Popular en Cangas,

EXPÓN:

Que enterados pola prensa de que o Concello implantou un sistema informático para a xestión dos expedientes urbanísticos, que segundo declaracións da propia Alcaldesa servirá para reconstruir a situacìón de << caos e de desorden>> que padece o servizo, así como para correxir as graves irregularidades que recoñece se producen coa << falla >> e << extravío>> de documentos obrantes nos expedientes urbanísticos.

O Partido Popular entende que tales afirmacións non sirven nada máis que para desacreditar gravemente a labor dos traballadores municipais. Son acusacións claramente hipócritas e demagóxicas pois non debemos esquencer que como máxima responsable do Concello é << corresponsable>> da política urbanística levada a cabo durantes estes últimos anos polo seu socio de goberno e “actual concelleiro-delegado de Urbanismo, Mariano Abalo Costa”.

Resulta cando menos anecdótico que despois de 2,5 anos de goberno sexa agora cando se decate destas arbitrariedades, pero o que máis chama a atención é solución proposta pola Alcaldesa << gardar os expedientes baixo chave>> coma quen garda os productos perigosos, amén das responsabilidades políticas. Mentras tanto Cangas convertíndose nunha cidade paralizada pola presenza dun equipo desnortado, sectario e incapaz de desenvolver unha política eficiente e ordeada.

Por todo o exposto, facemos as seguintes preguntas:

  1. Cal é o custo da posta en marcha deste novo Programa Informático no servizo de Urbanismo?
  2. Con cargo a qué partida se executa este gasto?

Cangas, 19 de novembro de 2009

PREGUNTAS RELATIVAS A OPERACION DE TESOURERÍA

José Enrique Sotelo Villar, como voceiro do Grupo Municipal do PP, e en relación coa documentación que se aporta os compoñentes da Comisión de Facenda que pretende ditaminar o expediente dunha operación de tesourería manifesta que sospeitosamente a proposta da Alcaldía para a aprobación polo Pleno da Corporación onde fala da xustificación para solicitar dita operación non coincide coa xustificación da Resolución para o inicio de expediente que é informado desfavorablemente tanto polo Interventor como por parte do Tesoureiro. Por todo elo, e non tendo claro a que conceptos se van adicar 1.380.000€, e polo que solicitamos se nos informe por parte de Intervención as seguintes cuestións:

  • Canto se prevé destinar o pago de nóminas?
  • A qué outros conceptos, e en que cuantía se prevé destinar o restante?
  • Pódese financiar con fondos desta operación de tesourería a compra dos terreos para o Centro de Saúde Aldán-Hío?

Cangas, 19  de novembro de 2009

PREGUNTAS RELATIVAS A MELLORA DE ACCESIBILIDADE PARA DISCAPACITADOS

Pío Millán Blanco como membro do Grupo Municipal do Partido popular de Cangas, quere presentar as seguintes preguntas:

Vai facer agora un ano que o Partido Popular de Cangas presentou unha moción na que se trataba sobre a mellora de accesibilidade para discapacitados. No seu debate plenario acordóuse por maioría aceptar a proposta de acordo que incluía esta moción:

1. Aproba-la realización dun estudo de necesidades en materia de accesibilidade que abarque tódolos ambitos en que haxa responsabilidade municipal.

2. Crear unha mesa de traballo entre tódolos grupos da corporación para facer un seguimento do estudo e da sua aplicación.

3. Dende as distintas concellerias leva-la práctica as conclusións do estudo.

Un ano despóis non temos coñecemento de que se movese nin un papel para cumplir cos acordos tomados nesa moción, a verdade e que non podemos asegurar esta afirmación xa que o Partido Popular neste concello se non nega todo tipo de información e ademáis debe existir a consigna dende os grupos de goberno do concello de ocultarlle calquer información sobre o día a día da vida municipal. ainda sen ter información podemos aventurarnos a pronosticar que os acordos tomados foron esquecidos no baul dos recordos; que non se tomou ningunha medida conxunta por parte deste tripartito en materia de accesibilidade para incapacitados. Non é de extrañar xa que a única preocupación que teñen é lucirse nos medios de comunicación de forma individual e posteriormmente tirarse os trastos a cachola os que non sairon nas fotos. Son moitas as problemáticas que sufren os veciños de Cangas que despóis de debatirse en pleno e chegar a un acordo para actuar, esquécense nun queixón; dende o Partido Popular non nos podemos permitir que se silencien estas situacións e por responsabilidade debemos insistir en retomar a problemática citada, sabemos que recibiremos a calada por resposta pero a nosa obriga é lembrar estos aspectos.

Por tanto pasamos a solicitar resposta as preguntas que reflexamos a continuación:

  • Encargouse dende a alcaldia ou algunha concelleria algún estudo de necesidades en materia de accesibilidade que abarque tódolos ámbitos en que haxa responsabilidade municipal?
  • Cando pensa vostede convocar ou solicita-la convocatoria dunha mesa de traballo entre tódolos grupos da corporación para tratar desta problemática?
  • Hai algunha concelleria que tomase a iniciativa de tratar a problemática dende un punto de vista conxunto, que abarque a todalas concellerías?

Cangas, 14 de novembro de 2009

SOLICITUDE COPIA D INFORME DE INTERVENCION PARA EFECTUAR A COMPRA DO TERREOS PARA A CONSTRUCCIÓN DO CENTRO DE SAUDE PARA ALDAN-HIO

José Enrique Sotelo Villar, voceiro do Grupo Municipal do PP, de acordo coas manifestacións públicas efectuadas pola Sra. Alcaldesa dedúcese a existencia dun informe de intervención que xustifica a capacidade económica do Concello para efectuar a compra dos terreos necesarios para a construcción do Centro de Saúde para Aldán-Hío.

Non tendo esta formación política coñecemento de dito informe, solicitamos copia do mesmo.

Cangas, 05 de novembro do 2009

ROGO SOBRE A AVERÍA DOS SEMÁFOROS DA AVDA. DE MARÍN E DA RUA NORIA E O TRAFICO NO CASCO ANTIGO

Pío Millán Blanco, como membro do grupo municipal do Partido Popular de Cangas, quere presentar o seguinte ROGO:

Temos que lamentar a imaxen que se está dando en canto ó tráfico rodado no centro de Cangas e a deixadez desta concellería para resolve-los problemas.

Non é de recibo que os semáforos de entradaa Avda. de Marín e de saida da Rua Noria leven sin funcionar dende o sábado pasado, dándose a desgracia que o luns pola tarde houbo un accidente nesa zona pola falla de regulación do tráfico, non entendemos o retraso en reparar esa avería, e que non se regule o tráfico a certas horas.

A maiores queremos por de manifesto o retroceso que está producindo no plan de peatonalización do Casco Histórico de Cangas, a día de hoxe os vehiculos campan as suas anchas por todalas ruas do casco sen ningún inconvinte; extrañanos mais esto despois da aprobación definitiva da ordenanza de regularización do tráfico no casco Antigo de Cangas.

Por todo o exposto solicitamos o seguinte:

  1. Reparación d inmediato da avería os semáforos anteriormente citados.
  2. Controlar a situación do tráfico no Casco Antio do municipio, para evitar a imaxen actual.

SOLICITUDE COPIA DO PROXECTO DE REMODELACION ACTUAL DO PARQUE INFANTIL DA ALAMEDA DO SEÑAL

Os abaixo firmantes concelleiros do grupo municipal do Partido Popular de Cangas,

EXPOÑEN:

Con data 15 de setembro de 2009 solicitouse meiante instancia, e a través do rexistro de entrada do Concello, unha documentación relativa á “Remodelación Actual do Parque Infantil da Alameda do Señal”.

Habendo transcurrido máisde vinte días desde a presentación de dita instancia e non tendo noticia algunha ao respecto por parte desa Secretaría Xeral, é polo que este grupo municipal amparándose na lexislación vixente e coa petición expresa de máis de un tercio da corporación.

SOLICITAN:

  1. Copia do Proxecto de Remodelación actual do Parque Infantil da Alameda do señal.
  2. Informe técnico da mesa de contratación sobre a resolución da adxudicación da citada obra.

Canga, 09 de outubro de 2009

PREGUNTAS RELATIVAS SOBRE A RETIRADA DE COMPETENCIAS O CONCELLEIRO DELEGADO DA ÁREA DE URBANISMO

José Enrique Sotelo Villar, como voceiro do Grupo Municipal do PP, informado pola prensa de que a Sra. Alcaldesa pretende dirixir a área de urbanismo, presenta as seguintes preguntas:

  • Existe algunha resolución retirando as competencias o Concelleiro Delegado da área?

Si existe algunha resolución solicitamos copia da mesma.

  • Pensa convcar ascomisións informativas segundo se acordou no Plenode constitución da corporación, ou pensa seguir como mesmo itmo anárquico de covocatoria do ex-concelleiro de Urbanismo?
  • Ten establecido as prioridades e as liñas de traballo a seguir desde este momento ata final de Lexislatura?

Cangas, 03 de outubrodo 2009

PREGUNTAS RELATIVAS A PRESENTACION DO CD “SON DE CANGAS” E A LUDOTECA

Cada día que pasa faise insostible  xestión realizada na Casa da Xuventude, despois de denunciar e preguntar sobre cales foron os motivos de prescindir da emprsa de son, así como solicitaro resumen de gastos e ingresos do programa de musica “SON DE CANGAS”, agora sabemos que o CD que debería ser presentado fai uns meses, tampoco por falta de pago. Asi mesmo a LUDOTECA Municipal tampouco foi posta en marcha e así é polo que o Partido Popular de Cangas pregunta:

  1. Cando se vai entregar dito CD?
  2. Cando se porá en marcha a LUDOTECA MUNICIPAL?
  3. Cando se retiran as competencias do actual Concelleiro de Xuventude?

Cangas, 24 de outubro do 2009

PREGUNTAS RELATIVAS AS CONTAS DO PROGRAMA “SON DE CANGAS”

Ainda que este Partido xa tiña augurado a desfeita organizativa que está acontecer no programa do “SON DE CANGAS”, programa “organizado” pola Concellería de XUVENTUDE, estamos a comprobar que foi prescindido da empresa de sonido, empresa de xente xoven de Cangas que levaba moitos anos traballando coa Concellería, e que o motivo non foi unha deixadez das suas funcions o un coste elevado da mesma e polo que o Partido Popular de Cangas pregunta:

  1. Cal e o motivo polo que prescindese da esta empresa de Cangas?
  2. Motivo polo cal se paga por adiantado a otra empresa?
  3. Cal son as debedas que están acumuladas ata a data de hoxe no programa “SON DE CANGAS”?

Cangas, 19 de outubro do 2009

PREGUNTAS RELATIVAS A REMODELACIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DO MONTE CARRASCO

Despois de anuncialo por todolo alto, despois de comprometerse con moitos socios do Alondras, e asi mesmo confirmando que todo era cuestión d días, a verdade e que xa pasaron dous anos e medio e ainda no coñecemos os detalles da remodelación do Campo de Fútbol do Monte Carrasco para convertilo nun terreo de herba sintética. Quero pensar que no están a esperar que medre a herba, porque o paso que vamos pode que asi sexa.

Aínda que dubido moito, e tememonos que se volva a tratar dunha posta en escea, a que nos ten acostumados este grupo de Goberno, imoslle a concedelo beneficio da dubida e queremos preguntar:

  1. Cómo están as xestións para acondicionalo campo de fútbol do Monte Carrasco e convertilo nun campo de herba sintética?
  2. E se has xestións están tan avanzadas como se dixo fai mais de 6 meses, ¿ Cando teñen pensado escomenzar as obras?

Cangas, 28 de setembro do 2009