Afiliación

O Partido Popular é a organización política con maior base social de España e unha das primeiras de Europa. Con case 707.000 afiliados, forma unha comunidade política cohesionada, na que as persoas, son o seu eixo esencial de actuación.

Dende a fundación do partido en 1976, a afiliación foi unha constante crecente, como pode verse na evolución destes trinta últimos anos. Os afiliados son o noso maior valor como organización, porque cada compromiso persoal có partido representa un novo vínculo coa sociedad e reforza a gran comunidade popular que xa somos.

Evolución

Co fin de ampliar a comunidade e facilitar a participación nas actividades do partido, o XV Congreso Nacional introduciu a figura do simpatizante nos Estatutos. Dende entón (outubro de 2004), á figura tradicional do afiliado-militante, sumouse esta forma de colaboración.

¿Queres afiliarte ó Partido Popular? É sinxelo.

Requisitos

  • Ser maior de idade.
  • Non militar en ningún outro partido, salvo os residentes no extranxeiro que podrán estar afiliados a partidos afíns ó Partido Popular.
  • Ser cidadán de algún país da Unión Europea. Neste caso, pode simultanearse a militancia con partidos de ámbito nacional, sempre que sexan afíns ó Partido Popular.
  • Coñecer e asumir os Estatutos do partido así como os seus principios de actuación.
  • Cumplimentar a ficha de afiliado e presenta-la na sede do partido máis próxima. A ficha debe estar avalada por dous afiliados.
  • Opcións

    Os vixentes Estatutos do partido, establecen unha única figura, a do afiliado, con duas modalidades:

  • Militante, con obligación de cuota. Ver dereitos e deberes.
  • Simpatizante, sen obligación de cuota. Ver dereitos e deberes.
  • Novas Xeracións

    Quen teñan entre 18 e 28 anos, poderán afiliarse ó partido a través de Novas Xeracións. Entre os 16 e os 18, tamén poderán estar afiliados a esta organización, pero non alcanzarán a plenitude de dereitos ata os 18.

    FICHAS DE AFILIACIÓN

    Se queres afiliarte ó Partido Popular podes descarga-la ficha de afiliación e presentala na sede de Cangas, seguindo o procedemento que explicamos nesta sección.

    Existen tres modelos:

  • Para os residentes en España maiores de 18 anos. Ficha Afiliación
  • Para os xoves residentes en España entre 18 y 28 años. Ficha Afiliacións Novas Xeracións
  • Para os españois que residen fora do territorio español, existe un modelo diferente ós anteriores. Ficha Afiliación con domicilio censal
  • Contacto: 915577300.

    Correo Electrónico: ficheros@pp.es